Novas por contido

Informamos que se abriu o prazo para as seguintes actuacións:

  • Modificación de ámbitos

As persoas inscritas nas listas poden solicitar electronicamente a modificación de ámbitos no mes de xaneiro de tódolos anos. Estas solicitudes producirán efectos na xestión das listas a partir do 1 de marzo seguinte.

  • Actualización de méritos

A Administración efectuará anualmente de oficio a actualización de méritos e publicará a lista provisional, dispoñendo as persoas interesadas dun prazo de dez días para reclamar no caso de non estar conformes con ela.

Nas categorías de persoal laboral do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF), as persoas integrantes das listas poderán presentar solicitude de actualización de méritos no mes de xaneiro, achegando os servizos prestados nos concellos e mancomunidades na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables.

  • Modificación do concello de empadroamento

As persoas integrantes das devanditas listas que desexen modificar o concello de empadroamento farano no mes de xaneiro utilizando o modelo de solicitude que estará dispoñible no portal web e achegarán o certificado de empadroamento.

Premendo nesta ligazón pódese acceder directamente á páxina de xeración das solicitudes de ditas actuacións.

Cumpre lembrar que tódolos documentos que non estean asinados electronicamente deberan ser rexistrados de maneira presencial acompañado da solicitude pertinente. Por exemplo, na solicitude de actualización de méritos, logo de cubrir e imprimir o documento, achegarase por rexistro acompañado do certificado do concello, e asi progresivamente coas diferentes solicitudes que se precisen.

Con carácter xeral, o prazo de inscrición nas listas do decreto 37/2006 estará aberto entre os días 1 de marzo e o 30 de abril de cada ano.

SE PRECISAS AXUDA CONTACTA COS/COAS DELEGADOS/AS DA CIG NA TÚA COMARCA

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...