Novas por contido

A CIG rexistrou o luns 12 de xaneiro as máis de 5.500 sinaturas recollidas en apoio á Proposición Non de Lei (PNL) promovida polo sindicato para instar ao establecemento dunha cláusula de garantía salarial que permita a actualización automática dos salarios do persoal empregado público conforme ao IPC real. Esta proposta preséntase nun contexto de empobrecemento constante dos soldos no sector público, que dende 2010 acumulan unha persoa da capacidade adquisitiva que xa supera o 20%.

De xeito paralelo, a CIG remitiu solicitudes de reunión aos grupos parlamentares para explicarlles o contido desta iniciativa, pedirlles que leven a PNL á Cámara galega e que voten a favor desta.

O obxectivo da PNL é que o Parlamento galego inste a Xunta de Galiza e ao Goberno do Estado (que ten as competencias neste ámbito) para que elabore unha iniciativa lexislativa que contemple a creación dunha cláusula de revisión que garanta que os nosos salarios se incrementan cada ano de acordo ao IPC real. Esta cláusula funcionaría de maneira automática e á marxe dos acordos retributivos que se poidan acadar na mesa xeral de negociación das administracións públicas.

A CIG adverte do deterioro progresivo das condicións salariais do persoal ao servizo das administracións públicas nos últimos 15 anos, iniciado coa rebaixa salarial do 5% decretada en 2010, as conxelacións salariais posteriores e os consecutivos acordos de incrementos retributivos inferiores ao Índice de Prezos ao Consumo (IPC).

Sobre este punto, cualificamos de “novo pacto de perdas” o acordo salarial 2025-2028 asinado o pasado mes polo Goberno español, CCOO, UGT e CSIF ao situar os incrementos por debaixo da inflación real, non recuperar a capacidade adquisitiva perdida e pactar subas inferiores ao IPC previsto para o período de aplicación.

Os sindicatos CIG e ELA xa presentamos un recurso na Audiencia Nacional contra o Goberno e os sindicatos asinantes por vulneración do dereito á negociación colectiva, ao ter negociado e asinado este acordo á marxe da mesa xeral das administracións públicas que é o ámbito legal onde se teñen que abordar estas cuestións.

Por iso reiteramos a defensa do establecemento desa cláusula de garantía salarial, vinculada ao IPC real e blindada por lei, pois debe constituír a base sobre a que artellar os futuros acordos salariais anuais ou plurianuais, co obxectivo de recuperar progresivamente o poder adquisitivo perdido.

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...