Novas por contido

No DOG do 10/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, do corpo facultativo/a superior, escala de facultativos/as, especialidades de medicina, de psicoloxía e de pedagoxía; no corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidades de enfermaría, de fisioterapia, de traballo social, de educador/a social e de terapia ocupacional; no corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de gobernantes/as, especialidade de gobernante/a; e no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galiza https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de concurso de traslados.

A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.

As respostas ás reclamacións poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-dereclamacions, co DNI e co código da reclamación formulada.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...