Novas por contido

Na Comisión de Persoal do 6 de marzo de 2026 tratáronse como puntos centrais da orde do día os seguintes:

MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLARÍA DO MAR

  • Cambios: sen modificacións a respecto da mesa sectorial; mateñen dúas modificacións xa propostas e traen unha terceira que é nova:
  1. PE.C99.40.301.36235.019, profesorado de intervencións subacuáticas e hiperbáricas, Instituto Galego de Formación en Acuicultura, Illa de Arousa: eliminación no código de formación específica 698: “Estar en posesión do título de mergullador/a instrutor/a profesional e ter algunha das especialidades do ciclo de grao medio en operacións subacuáticas e hiperbáricas (R.I.)”.
  2. PE.C99.40.301.15350.005 e PE.C99.40.301.15350.015, profesorado de navegación marítima, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol: supresión do código de formación específica 434: “Título profesional de capitá/n da Mariña Mercante ou de piloto da Mariña Mercante (R.I.)”.
  3. PE.C99.40.301.15350.005 e PE.C99.40.301.15350.015, profesorado de navegación marítima, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol: inclusión do novo código de mérito de formación específica «Título profesional de capitá/n da Mariña Mercante ou de piloto da Mariña Mercante». 
  • CIG: se ben poderiamos absternos ante a modificación do requisito do posto de profesor/a, especialidade de intervencións subacuáticas e hiperbáricas, non podemos admitir o cambio de requisitos no medio da convocatoria do concurso que só afecte a 2 postos para que poidan entrar 2 persoas, e que non se faga en todos os postos que son idénticos e en todas as escolas. Está claro que a Administración non pretendía ningún tipo de negociación, senón facer cómplices aos sindicatos do cambio de requisitos ad hoc no medio dun proceso de selección de persoal.
  • Votacións: voto en contra da CIG, voto a favor de CCOO, CSIF e UGT.
  • DXEP: proposta aprobada.

PREGUNTAS DA CIG FÓRA DA ORDE DO DÍA

  • Concurso de corpos xerais: Cando se resolve? Cando van ser as datas de elección de destino e toma de posesión dos procesos selectivos seguintes? 
  • Promoción interna: Denunciamos que de seguir este ritmo as persoas que teñen xa o exame de promoción interna para o 30 de maio non van saber se aprobaron a anterior PI xa que nalgúns casos nin sequera saíu a baremación definitiva.
  • ↪DXEP: O baremo definitivo de A2 e C1 está a piques de saír [mentres estábamos na Comisión de Persoal publicaron no web da DXEP o baremo definitivo da promoción interna ao C1 e no caso do A2 xa saíra hai 10 días]. No caso do A1 superárono menos persoas que prazas [algo que xa estaba publicado]. En relación ao concurso de corpos xerais nos reitera que o baremo sae no 1º cuadrimestre de 2026; logo serán os actos de elección do destino dos procesos que están pendentes de destino definitivo (xa sexa porque están en destino provisional ou porque non están resoltos os procesos) e as tomas de posesión seguindo a orde de prelación das convocatorias). As tomas de posesión serán coordinadas e simultáneas.
  • Posto de educadora infantil que non ofertan: na CP 26/02/26, anunciouse a incorporación de 3 prazas solicitadas por CIG no concurso de educ. infantil. Unha delas é a de código PSS194040136220012, educ. infantil no Grove. A CIG solicitou a incorporación do posto PSS194040136210012, en Gondomar, vacante por excedencia por incompatibilidade dende 2013. Temos dúbidas de se este código se corresponde co do Grove ou co de Gondomar. Se é o do Grove, cal é a razón de que non se ofertase o posto de Gondomar? ↪DXEP: van revisar este asunto.
  • Toma de posesión axentes técnicas ambientais: solicitamos que modifiquen as as RPTs para que poidan tomar posesión as persoas axentes técnicas forestais no B e así poder evitar a avalanchas de posibles demandas? ↪DXEP: rematarase entre finais de abril/principios de maio para tomar posesión antes do verán. Non van mudar ás RPTs e a toma de posesión vana facer no subgrupo C1.
  • Comisión técnica de teletraballo: dende o 2023 sen convocala. Coñecemos resolucións unilaterais por parte das consellarías que limitan o teletraballo. Non se dan explicacións nin por parte das consellarías nin na CP. ↪DXEP: están preparando a Comisión Técnica de Seguimento (levan dous anos co conto)
  • Consellaría de Educación: ás persoas participantes nos tribunais, tanto persoal docente como non docente, seguen agardando a que se lles aboe. ↪DXEP: non hai ninguén conectado, sen resposta, van preguntar. 

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...