Novas por contido

No DOG do 12/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se abre o prazo para modificar os ámbitos e os datos persoais facilitados nas solicitudes de inclusión das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servizos xerais (PSX) (subgrupo C2), e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de xerocultor ou xerocultora (subgrupo C2).

Poderán presentar estas solicitudes as persoas que solicitaron a inclusión nestas listas no prazo do 30 de novembro de 2021 ao 23 de decembro de 2021.

Así mesmo, tamén poderán presentar as ditas solicitudes as persoas que presentaron a solicitude nas categorías laborais 43 e 44 de persoal laboral do grupo IV desde o 19 de marzo ao 30 de abril do 2019 e que figuraban exentas de presentar a solicitude no ano 2021, segundo o punto 1.2 da Resolución do 23 de novembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servizos xerais (PSX), e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de xerocultor ou xerocultora.

As persoas interesadas en modificar os seus datos e ámbitos deberán presentar a instancia por vía electrónica a través dos formularios de Modificación de datos persoais e de Modificación de ámbitos contidos no portal web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, www.xunta.gal/funcion-publica, dentro da epígrafe <Formularios e solicitudes>.

O prazo para a presentación de solicitudes será de dez días hábiles e comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...