Novas por contido

Na Comisión de Persoal do xoves 9 de abril dende a CIG preguntámoslle á DXEP pola problemática das listas da lei 17.

Levamos máis de catro anos sen a convocatoria da comisión de seguimento desas listas. E seguen facéndose chamamentos con criterios opacos: o persoal descoñece a súa posición real nas listas, porque nas listaxes non hai indicación de quen está en activo e quen non.

En todas as listas da Lei 17 figura como mérito a permanencia na clase (2 puntos por cada 5 anos continuados na mesma clase: o persoal que non pode optar por lei a coberturas superiores a 3 anos nunca pode obter esta puntuación; están a puntuar dúas veces polo mesmo mérito, dado que no baremo xa se puntúa a experiencia.

A OPE e as listas as xestiona o Sergas, e este persoal ten que cargar a información no Fides do SERGAS, mentres no Fides da Xunta teñen a actualización de méritos da Xunta, carreira, etc..

Non teñen motivo para que non se faga igual que no SERGAS porque a aplicación de consultas das listas, é a mesma. E no caso de SERGAS actualizan posición e quen está traballando incluso dúas veces ao día.

En definitiva, que hai que tomar unha determinación e optar ou polo pacto de contratación do SERGAS ou polo modelo de listas do Decreto 37/2006.

A DXEP limítase a dicir que revisarán o asunto falando co SERGAS para ver que sucede coa xestión das listas e sobre a convocatoria do concurso.

Outras novas recentes

Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...