Novas por contido

No DOG do 17/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento da xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de xerocultor ou xerocultora, e do corpo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, corpo auxiliar, escala de persoal de servizos xerais (PSX).

O prazo habilitado para presentar a solicitude de elección de postos será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, concretamente desde o 20 de abril de 2026 ao 4 de maio de 2026.

Durante o prazo indicado as persoas concursantes poderán solicitar por orde de preferencia os postos ofertados no anexo I da resolución de convocatoria, aos cales se engaden as potenciais resultas consecuencia das solicitudes de participación presentadas. A relación de postos ofertados en resultas publícase na web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no enderezo https://www. xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta A solicitude de postos de traballo deberá presentarse electronicamente segundo o establecido na base IV de Tramitación electrónica da convocatoria do concurso.

Os méritos e requisitos deberán acreditarse de conformidade co procedemento establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das súas entidades públicas instrumentais.

O prazo para presentar a solicitude de actualización de méritos e requisitos e a documentación acreditativa deles, para formular alegacións ou para emendar o estado de «acreditación documental incompleta», rematará o 4 de maio de 2026.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...