Novas por contido

Na modificación da RPT do Medio Rural os postos creados son insuficientes e non prevalece o sistema ordinario de provisión de postos, aínda que se incluíu o posto no acordo do SPIF. Canto á RPT de Presidencia, Xustiza e Deportes, non tiveron en conta o incremeto de media hora en todos os postos de persoal limpador, non aceptaron o aumento do complemento específico dun posto de subalterno e doutro de técnico de funcións facultativas.

Na orde do día da Comisión de Persoal do 10 de xullo tratáronse dúas modificacións de RPT:

RPT da Consellaría do Medio Rural

  • Aínda que se solucionou favorablemente a inclusión do posto no acordo das condicións especificas do persoal técnico do SPIF, consideramos insuficientes os postos creados, ademais de non prevalecer o sistema ordinario de provisión dos postos nos niveis 22 e 25, co cal o noso voto foi a abstención. 

RPT da Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes

  • Non se tivo en conta o incremento de media hora a todos os postos de persoal limpador dos edificios xudiciais de Pontevedra, que regularizaría os horarios cos da gran maioría do persoal da Xunta.
  • Tampouco atenderon á nosa proposta de aumento do complemento específico do posto de persoal subalterno do Complexo Deportivo de Monterrei, que pasa a ter xornada especial, en igualdade co outro posto existente no mesmo centro —a igual traballo, igual salario!
  • Por último, non consideraron a alegación da CIG coa proposta de aumento do complemento específico do posto de persoal técnico en funcións facultativas con xornada especial, debido a que vai realizar traballo fóra dos horarios xerais do persoal traballador da Xunta; e mesmo para os postos existentes en todas as RPTs que teñen estas mesmas escalas.
  • Votamos en contra.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...