Novas por contido

Nesta xuntanza por parte da CIG solicitamos que o persoal que actualmente non fai quendas poida manter a súa situación até que a praza quede vacante; insistimos na urxencia de abrir a negociación integral das condicións de  traballo da escala de Recursos Naturais e Forestais; e reiteramos a nosa solicitude de abril para abrir unha negociación global sobre quendas, domingos e festivos, roupa de traballo, formación, descansos e desigualdades retributivas. Opoñémonos á esixencia da titulación de Dereito para a xefatura de sección xurídica, e demandamos que antes de crear ou modificar postos se nos informe das cargas de traballo, se faciliten aclaracións e se corrixan erros, ademais de homoxeneizar os servizos de persoal das catro provincias.

A respecto da proposta de modificación da RPT da Consellaría do Medio Ambiente e Cambio Climático que a Administración trouxo á mesa de negociación, coa finalidade de adaptar a estrutura do persoal ás necesidades actuais e anticipar a dotación de recursos para a futura Lei de administración ambiental simplificada de Galiza, o noso posicionamento foi o seguinte:

Recoñecemento retributivo das quendas do persoal de campo

  • Valoramos positivamente a compensación económica prevista para o persoal dos centros de recuperación de fauna e piscifactorías, pero solicitamos que o persoal que actualmente non realiza quendas poida manter a súa situación até que a praza quede vacante. 
  • Porén, insistimos na urxencia da apertura dun proceso de negociación integral das condicións de traballo do persoal da escala de Recursos Naturais e Forestais.
  • Reiteramos a necesidade de abrir unha negociación global sobre quendas, domingos e festivos, roupa de traballo, formación, descansos e desigualdades retributivas, entre outros aspectos. Lembramos que esta petición foi rexistrada no mes de abril e continúa sen resposta.


Reserva da xefatura de sección xurídica para persoas tituladas en Dereito

  • Amosamos o noso rexeitamento a esta limitación por considerar que exclúe de forma inxustificada persoal do corpo superior da Administración Xeral e vulnera os principios de igualdade, mérito e capacidade.


Organización dos servizos

  • Solicitamos corrixir erros da documentación, homoxeneizar os servizos de persoal das catro provincias e facilitar datos sobre as cargas de traballo antes de crear ou modificar determinados postos.
  • Tamén reclamamos aclaracións sobre diversos postos afectados pola modificación.


Respostas da Consellaría de MACC

  • Recoñece a necesidade de negociar as condicións do persoal de campo, pero non fixa ningunha data para iniciar esa negociación.
  • Mantén a esixencia da titulación en Dereito para a nova xefatura de sección.
  • Rexeita que o persoal que actualmente non fai quendas poida conservar as súas condicións, alegando que o cambio "non é á carta". Na CIG observamos que si se manteñen condicións do persoal en prazas de xefaturas de sección de persoal provinciais até que queden vacantes. Por que se aplican criterios tan diferentes? 
  • Admite que existen desigualdades retributivas entre postos equivalentes, pero anuncia que non fará equiparacións á alza, senón que aplicará modificacións cando os postos queden vacantes.


A vindeira reunión celebrarase na primeira quincena de setembro.

Compartimos convosco a documentación para recompilar as vosas achegas.

Contacta con nós para mais información!

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...