Novas por contido

No DOG do luns 18 de marzo de 2019, publícase a Resolución do 7 de marzo de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza do grupo IV, categorías profesionais de xerocultor/a e de persoal de servizos xerais.

As persoas interesadas deberán presentar instancia conforme ao modelo que se encontra á súa disposición no portal web da Xunta de Galiza e pagar as taxas correspondentes.

O prazo para a presentación de instancias comezará o martes 19 de marzo, e rematará o 30 de abril de 2019.

Para ter información sobre as titulacións requiridas e os demáis requisitos das listas consulta a Resolución.

Outras novas recentes

Martes, 25 Xuño 2024

Prazas para chamamentos de Medio Rural (25/06/2024)

O servizo de persoal de Medio Rural vén de achegarnos a relación de prazas que foron anunciadas en "Moura" para a súa cobertura a través das listas de contratación. Trátase de prazas de 6 e 12 meses correspondentes ao Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF) Última hora: Medio Rural comunica que por un erro técnico tiveron que anular as prazas de 6 meses, que...
Xoves, 27 Xuño 2024

Protocolo violencia de xénero (MXEP 01/07/24)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal vén de convocarnos a unha Mesa Xeral de Empregados Públicos que terá lugar o vindeiro 1 de xullo na que se tratará o seguinte: Proposta de Protocolo da Xunta de Galicia para a protección ás persoas empregadas públicas vítimas de violencia de xénero. Se tes algo que comentar, contacta coa CIG.
Luns, 24 Xuño 2024

A CIG recorre en reposición as listaxes de postos dos concursos de traslados de corpos xerais e especiais

Dende a CIG presentamos sendos recursos de reposición diante da publicación das convocatorias de concursos de traslados dos corpos xerais e corpos especiais publicados neste primeiro semestre do presente ano. Nas dúas convocatorias non se publican todas as prazas vacantes existentes, por exemplo, no caso dos corpos xerais son darredor de 180 prazas as vacantes que non saen...