Novas por contido

Dende a CIG presentamos sendos recursos de reposición diante da publicación das convocatorias de concursos de traslados dos corpos xerais e corpos especiais publicados neste primeiro semestre do presente ano. Nas dúas convocatorias non se publican todas as prazas vacantes existentes, por exemplo, no caso dos corpos xerais son darredor de 180 prazas as vacantes que non saen no concurso de traslados sen darnos ningún tipo de explicación ao respecto.

En ningún dos dous procesos se convocan todas as prazas vacantes existentes e se a isto engadimos as que se atopan bloqueadas pola situación totalmente anómala e irregular das prazas de CONCURSO ESPECÍFICO (lembremos que estas prazas están cubertas en fraude de lei, mediante comisións de servizos eternas), a situación aínda é pior.

Cómpre falar tamén das prazas sobre as que existe reserva de praza, das cales sería un exercicio de transparecencia e bo facer, que se nos facilitase a información das causas que motivan tales reservas de praza.

Evidentemente son concursos de traslados deturpados, porque unha cousa é a potestade da Administración galega de organizar os seus servizos, e outra que as persoas empregadas públicas non teñamos dereito a mobilidade ao substraer unha inxente cantidade de postos destes concursos

Moito máis sangrante é a situación das escalas de corpos especiais xa que as convocatorias dos concursos de traslados levan sen convocar moitos máis anos.

Este xeito de proceder danos unha idea da falla de respeto que teñen os responsables da Administración galega cara as persoas empregadas públicas, e máis cando falamos dun tema como é a mobilidade das persoas empregadas públicas onde non pedimos incrementos orzamentarios, máis ben todo o contrario, probablemente se reduciría o gasto e melloraríamos a eficiencia e produtividade.

A CIG leva anos solicitando insistentemente que os concursos de traslados sexan PERMANENTES E ABERTOS pero a Xunta de Galiza fai caso omiso as nosas demandas.

Dende a CIG imos valorar iniciar unha campaña onde entre outras cuestións, instaremos a que realicen os cambios normativos pertinentes para garantir a mobilidade das persoas empregadas públicas, non descartando a mobilización.

CHOVE SOBRE MOLLADO

Outras novas recentes

Martes, 08 Xullo 2025

Procesos selectivos de Ciencias do Mar e Profesores e Mestres Taller de escolas nautico-pesqueiras (MSF 10/07/25)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) convocou aos sindicatos a unha Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF) na que se van tratar as convocatorias dos seguintes procesos selectivos: A1-Ciencias do mar (4 prazas, con 1 para promoción interna). Descargar A1-Profesor/a de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros,...
Xoves, 10 Xullo 2025

Creación da Axencia Intecmar (09/07/25)

O día 9 de xullo tivemos a primeira reunión (segundo a Consellería) informativa sobre a creación da Axencia INTECMAR e a disolución do Instituto. Isto segundo a Consellaría, pero o comité de empresa de INTECMAR xa negociou o borrador que presentan. Aínda que a directora e a vicesecretaria xeral din que non se negociou nada, o presidente do comité de empresa comenta na súa...
Venres, 04 Xullo 2025

Cobro do 0,5% pendente

Informa a DXEP que na nómina de xullo cobraremos o 0,5% de incremento máis os atrados do ano 2025. E na nómina de agosto irán os atrasos do ano 2024. O cobro dos atrasos chamará a atención, pero aínda así quedamos nunha perda retributiva do 2,30% dos tres anos entre 2022 a 2024 como informamos nesta nova: Confírmase a estafa: cando nos paguen os atrasos do 0,5% levaremos...