Novas por contido

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial).

No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da relación de prazas que teñen reserva. Ao tempo, reclamamos a convocatoria inminente das prazas de concurso específico, que por estar todas adxudicadas en comisión de servizos, as persoas titulares están ao tempo bloqueando outras prazas que poderían ser vacantes. E unha vez adxudicadas, que as vacantes liberadas sexan convocadas nun novo concurso ordinario de traslados.

O primeiro borrador do concurso ordinario de administración especial especial foi remitido á representación sindical o 18/01/2024. Entre as alegacións da CIG estaba “que se oferte a totalidade de postos vacantes existentes”, e que “de darse o caso de postos que non poidan ser ofertados, solicitamos información polo miúdo que xustifique a súa exclusión”. Posteriormente, o 05/02/2024 recibimos un segundo borrador.

A primeiros de febreiro, a Dirección Xeral de Función Pública (DXFP) puxo a disposición dos sindicatos o listado de prazas vacantes “que se ofertarán nun próximo concurso de traslados para a provisión de postos de traballo vacantes”. Na comunicación recibida tamén se indicaba que dispoñíamos de dous días para facer alegacións. Posteriormente indicóusenos que podiamos alegar durante algúns días máis.

A negociación das bases do concurso foi o día 12 de febreiro na Mesa sectorial de negociación do persoal Funcionario. Respecto das prazas, o DXFP limitouse a informar oralmente de que se retiraban as seguintes prazas:

  • As ocupadas en Augas de Galiza por persoas que non se integraron.
  • 3 ou 4 prazas de Medio Ambiente.
  • Algunha máis afectada por proceso de estabilización por estar mal localizada ou con problemas de titulación.

Sen mais, ese mesmo día quedou aprobada en Comisión de Persoal a convocatoria do concurso, coa abstención de CIG. A CIG xustificou o seu voto en que o concurso era moi demandado, pero non podiamos apoiar porque non coñeciamos os postos que ían convocar.

En todo o proceso de negociación, a información cos postos obxecto de concurso posta a disposición das organizacións sindicais limitouse a darnos acceso a unha aplicación dende a que podiamos ver unha relación de postos supostamente vacantes, sobre os que podiamos alegar, e mesmo engadir outros postos que tamén considerabamos que deberían ser ofertados. En ningún momento recibimos listado algún no que se nos comunicara cales serían os postos a ofertar no concurso de traslados.

En todo caso, dando por bo o listado de postos ofrecido, puidemos observar que algúns deles non aparecen entre os convocados no concurso de traslados, polo que esta organización sindical non tivo opción a alegar a súa inclusión por descoñecer que tiñan intención de retiralos da oferta.

Unha vez publicada a Resolución que convoca o referido concurso de traslados, dende a CIG enviamos un correo electrónico á Dirección Xeral de Función Pública no que solicitabamos explicacións pola desaparición dalgúns postos, sen que a día de hoxe teñamos resposta algunha. Non tivemos resposta.

Sospeitamos que os postos que queren retirar serán por existir certificación das consellerías conforme teñen intención de amortizalas. Evidentemente non concordamos con que a estas alturas queiran amortizar postos, pero en todo caso esiximos información concreta, polo miudo, de cada praza retirada ou non ofertada.

Agardamos a resposta de Función Pública para decidir que facemos.

Outras novas recentes

Luns, 14 Setembro 2026

A CIG denuncia que a Xunta precariza o persoal formador en lingua galega

O deber legal de capacitar o persoal público en galego non pode depender de convenios temporais nin asentarse na precariedade laboral A CIG esixe a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, ao que a Xunta duplicou a carga de traballo dende o  1 de setembro. A sobrecarga pon en risco os...
Luns, 21 Setembro 2026

Non á perda da axuda dos 180 € tras a estabilización

A CIG ven de solicitar a Función Pública que aquel persoal que supere un proceso de estabilización e que teña recoñecida a axuda por persoa con discapacidade do artigo 35 do V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza non deixe de percibila. Entendemos que, como xa pasou co persoal laboral que se funcionarizou, o persoal que estabilizou deixará de percibir esta axuda e cando...
Martes, 15 Setembro 2026

A Xunta de Galiza discrimina na carreira profesional ás súas traballadoras en redución de xornada por conciliación

A CIG denuncia que Facenda, por aforrar 2 pesos, incumpre toda a normativa de igualdade situándonos na prehistoria dos dereitos das mulleres traballadoras.Traballadoras da Xunta de Galiza veñen de ver  denegado o grao de carreira profesional por non acadar o tempo necesario para a súa concesión, alias a súa antigüidade na Administración fora máis que suficiente. Unha vez...