Novas por contido

No DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 publícase RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2019 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a I Xornada de formación práctica dixital (E-martes).

O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal da Escola Galega de Administración Pública que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír, a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, a autoxestión da aprendizaxe e a identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administracións públicas.

Ao abeiro desta iniciativa, os E-martes, que terán lugar os primeiros martes de cada mes, teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

Os E-martes do vindeiro trimestre de 2019 versarán sobre as seguintes materias:

– 1 de outubro: «O Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia».

– 5 de novembro: «Certificados electrónicos da Xunta de Galicia».

– 3 de decembro: «Sistemas para a contratación pública».

A actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais, así como a profesionais e persoas interesadas en xeral. No caso das empregadas e empregados públicos priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.

A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez se complete correctamente o proceso de matriculación. O prazo para a inscrición nesta actividade abrirase desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e estará aberto ata as 23.55 horas do día 25 de setembro de 2019

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.

Datas: 1 de outubro.

Horario: mañá e tarde.

Duración: 6 horas lectivas.

Número de prazas: 50.

Outras novas recentes

Mércores, 15 Outubro 2025

A clase traballadora galega para polos dereitos do pobo palestino e a fin da ocupación ilegal

Milleiros de persoas participaron nas 15 mobilizacións convocadas pola CIG con motivo da xornada de paro xeral O paro xeral por Palestina está a ter un importante seguimento entre a clase traballadora galega, que unha vez máis amosa a súa solidariedade ao participar tamén de xeito masivo nas mobilizacións para reclamar a fin do xenocidio e da ocupación ilegal. A sinatura...
Martes, 14 Outubro 2025

A CIG reúnese coa consellería de Educación polo persoal non docente e as cociñas

O pasado venres 10 de outubro a CIG Autonómica mantivo unha reunión coa consellería de Educación pola situación do persoal non docente dos centros de ensino e as escalas de cociña. Esto foi despois de moitas solicitudes, e de ser necesario chegar á mobilización e o conflito, cunha manifestación en Compostela a finais do curso pasado e as concentracións en todos os...
Luns, 20 Outubro 2025

Concursos de traslados de veterinarios/as e escalas sociais: relación provisional admitidos/as e excluidos/as

Recibimos comunicación da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal na que nos informan de que o mércores 22 de outubro publicarán no Diario Oficial de Galiza as seguintes resolucións: Resolución do 15 de outubro de 2025 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso de traslados F0325, escala de veterinarios....