Novas por contido

O pasado venres 10 de outubro a CIG Autonómica mantivo unha reunión coa consellería de Educación pola situación do persoal non docente dos centros de ensino e as escalas de cociña. Esto foi despois de moitas solicitudes, e de ser necesario chegar á mobilización e o conflito, cunha manifestación en Compostela a finais do curso pasado e as concentracións en todos os departamentos territoriais dependentes da Consellería neste comezo de curso.

Nesta xuntanza puxemos enriba da mesa toda a problemática que existe nos centros de ensino e que o persoal nos vén transmitindo dende hai anos. Toda unha batería de medidas que atinxen aos diferentes colectivos que forman o persoal non docente, e que dende a CIG levamos recompilando dende fai tempo de cara a abordar un acordo marco que non pode agardar máis.

Indicámoslle que non estamos conformes con que cada centro funcione segundo as directrices do equipo directivo do momento e que non podemos consentirse que cando haxa cambios nese equipo tamén cambien as condicións do persoal arbitrariamente. Por iso é imprescindible negociar un acordo de condicións de traballo e funcións que sexan de aplicación a todos o centros similares por igual, e non que cada centro queira establecer as súas propias funcións e criterios, que converten a esta consellería nunha especie de tómbola para o persoal non docente, que dependerá da sorte en función do centro ou do equipo directivo que respecte os seus dereitos. E para isto solicitámoslle que convocaran a todas as organizacións sindicais a unha mesa de negociación.

A CIG toma novamente a iniciativa ante unha situación de abuso que está a padecer o persoal de administración e servizos dos centros de ensino, e por iso forzamos esta xuntanza, para comezar o camiño do diálogo. Entendemos, e así llo transmitimos, que é necesario abordar unha revisión de toda a normativa que actualmente se aplica (acordo persoal subalterno, ratios, comensais, itinerancias...) xa que algunhas teñen máis de 30 anos e as máis recentes máis de 12 anos, e tamén é preciso definir as competencias, funcións e condicións de traballo do persoal dos centros de ensino.

Outro punto clave para nós é a necesidade urxente de poñerlle solución á situación que padece o persoal responsable das cociñas, que tras a recente funcionarización sufriu unha rebaixa profesional sen precedentes e a día de hoxe está a facer funcións de xefatura de cociña encadrado na de auxiliar de cociña, requiríndoselles de forma fraudulento a titulación de técnico/a de cociña. Admitiron o erro e deixámoslle claro que a única solución é encadrar as escalas segundo a titulación requirida para o acceso como laborais e de acordo coa LEPG e o EBEP entendendo que é necesario facelo na Lei de medidas que está a piques de abordarse, polo que lle solicitamos que a consellería de Educación faga as xestións necesarias coa de Facenda.

A CIG quere unha administración moderna e profesionalizada, polo que avogamos pola desaparición da Agrupación Profesional e unha revisión dos encadres das escalas.

A consellería solicitounos tempo para estudar as nosas propostas e convocar unha mesa de negociación. Darémoslle un tempo prudente para que convoquen a negociar a todos os sindicatos, pero temos claro que se non actúan, seguimos.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...