Novas por contido

Publicado no DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019, ORDE do 16 de setembro de 2019 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, en vinte días hábiles.

Outras novas recentes

Martes, 14 Outubro 2025

Concursos (ordinarios e específicos). Carreira. E máis (información da MSF 13/10/25)

Na rolda aberta de intervencións da MSF do 13/10/25, a directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) deu información de:  Concursos ordinarios de traslados A CIG preguntou pola situación de todos os concursos de traslados que están en execución, pola situación das medidas xudiciais que afecten aos concursos, e polas previsións dos concursos que...
Martes, 14 Outubro 2025

A CIG reúnese coa consellería de Educación polo persoal non docente e as cociñas

O pasado venres 10 de outubro a CIG Autonómica mantivo unha reunión coa consellería de Educación pola situación do persoal non docente dos centros de ensino e as escalas de cociña. Esto foi despois de moitas solicitudes, e de ser necesario chegar á mobilización e o conflito, cunha manifestación en Compostela a finais do curso pasado e as concentracións en todos os...
Venres, 17 Outubro 2025

Publicado o Real Decreto que recoñece a xubilación anticipada dos e das axentes ambientais pero “non os aplica” de xeito directo.

O Real Decreto 919/2025, de 15 de outubro, regula os coeficientes redutores da idade de xubilación aplicables ao persoal axente forestal e ambiental das administracións públicas.  Este avance é unha conquista colectiva do persoal axente ambiental e tamén froito da presión e do traballo sindical desenvolto pola CIG durante a tramitación da Lei básica que permitiu incorporar...