Novas por contido

No DOG do 09/12/2020 publican a Resolución pola que modifican as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos seguintes procesos selectivos:

  • Ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión, subgrupo A2. Ir ao DOG.
  • Ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción inter4na, na especialidade de terapia ocupacional, subgrupo A2. Ir ao DOG.
  • Ingreso no corpo superior, subgrupo A1. Ir ao DOG.
  • Ingreso no corpo de xestión, subgrupo A2. Ir ao DOG.
  • Ingreso no corpo administrativo, subgrupo C1. Ir ao DOG.
  • Ingreso no corpo auxiliar, subgrupo C2. Ir ao DOG.
  • Ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno. Ir ao DOG.

Outras novas recentes

Martes, 11 Agosto 2026

A Consellaría do Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF

O luns día 10 de agosto a Consellaría do Medio Rural e as organizacións sindicais CCOO, CSIF e UGT asinaron uns acordos parciais para o persoal do SPIF que entenden que son un logro sen precedentes. Para a CIG isto dista moito da realidade. Deseguido explicámosche o porque.En primeiro lugar, a Consellería tiña moita présa en pechar estes acordos en pleno verán; tanta, que...
Mércores, 12 Agosto 2026

A Xunta chama «absentismo» ao colapso do Sergas

Galiza non ten unha taxa de baixas superior á doutras comunidades, senón unha duración media das incapacidades temporais desproporcionada, debido ás listaxes de agarda do Sergas, que bloquean as recuperacións; motivo polo que a CIG esixe a derrogación de calquera medida penalizadora da incapacidade temporal do persoal empregado público e o reforzo da atención sanitaria...
Martes, 11 Agosto 2026

O presidente vai de procesión: Rueda pode facer o que lle pete; a Xunta, non

Na CIG defendemos unha Administración pública aconfesional, neutral e de todas e todos, que non empregue os seus medios institucionais para dar relevancia pública a unha opción relixiosa particular, nin para facer publicidade da dimensión persoal de quen ocupa a Presidencia. Si, Alfonso Rueda, a título persoal, pode facer o que lle pete: pode ir a unha procesión, acudir á...