Novas por contido

No DOG do 20/08/2021 publican unha CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 3 de agosto de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 29 de xullo de 2021 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Política Social.

Outras novas recentes

Luns, 08 Xuño 2026

Inicio de curso nas escolas infantís

Na Comisión do venres 5 de xuño trasladamos o que xa rexistramos ante a Consellaría de Política Social a respecto do inicio de curso nas escolas infantís.  As familias nestes días de matrícula están preguntando polo inicio de curso, e as respostas actuais son, por unha banda, incertezas e, pola outra, temos a resolución publicada co inicio de curso para o día 4 de setembro...
Luns, 01 Xuño 2026

CCOO, UGT E CSIF, contra as persoas da promoción interna do 2020 e 2023

Despois de ter realizado unha masiva concentración o mércores 27, as compañeiras e compañeiros que alí nos concentramos vemos como estes tres sindicatos sacan unha nota botándolle a culpa á CIG, no canto de botarlla á directora xeral, do que pretende facer creando unha incompatibilidade ficticia entre o concurso e as tomas de posesión da promoción interna. Na Comisión de...
Xoves, 04 Xuño 2026

Escolas infantís: falta de previsión ou caos a sabendas

Será posible que ninguén pense nas crianzas e nas traballadoras? O persoal das escolas públicas de cero a tres anos, pendentes de incorporación aos novos postos o 1 de setembro, pregúntase como se van organizar para atender ás familias e ás crianzas no tempo que se establece na Resolución de adxudicacións de prazas que se publicou en marzo (na que se contemplan só tres días...