Novas por contido

No DOG do 31/01/2022 publican a RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Convocan para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición as persoas aspirantes que relacionan, que, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, non acreditaron estar en posesión do Celga 4 ou equivalente.

Terá lugar na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 2 de febreiro de 2022 en chamamento único que se iniciará as 16.00 horas.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...