Novas por contido

No DOG do 12/12/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2022 pola que se nomean persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG número 21, do 31 de xaneiro).

- RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2022 pola que se nomean persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 225, do 26 de novembro).

- RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2022 pola que se nomean persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG número 21, do 31 de xaneiro).

- RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2022 pola que se nomean persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro).

Nomean persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan nos anexos destas resolucións, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran nos mesmos anexos.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...