Novas por contido

No DOG do 17/04/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2023 pola que se nomean como persoal laboral fixo da Xunta de Galiza na categoría 006 do grupo I, titulado/a superior psicólogo/a, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de consolidación, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro).

Nomean persoal laboral fixo na categoría 006 do grupo I, titulado/a superior psicólogo/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo.

As persoas nomeadas persoal laboral fixo da Xunta de Galiza e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados no anexo disporán do prazo dun mes para tomaren posesión dos seus destinos, de conformidade co disposto no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2023 pola que se nomean como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e promoción interna, convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG número 211, do 6 de novembro).

Nomean persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais segundo o disposto na base IV.6 os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Outras novas recentes

Martes, 29 Setembro 2026

A EGAP responde ás críticas da CIG con autoritarismo

A nosa central denuncia que a Dirección converte o Consello Reitor da Escola nun órgano decorativo A CIG non asistiu ao Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 23 de setembro como medida de protesta polos reiterados atrancos impostos pola Dirección da Escola á participación da única organización sindical que fiscaliza criticamente a súa...
Venres, 25 Setembro 2026

Novos actos de elección de destino, Consorcio, comisións de servizos en Política Social, INTECMAR (mesa sectorial do 23/09/26)

Preguntamos pola promoción interna de Psicoloxía xa que a primeira parte foi o día 30 de xuño e o segundo exame tiña que ser en 40 días e sacaran resolución ampliando 20 días máis. O prazo (coa ampliación) rematou o pasado 18 de setembro e non temos máis información. O que nos din da DXEP é que remataron de preparar o listado de postos e continuarán en breve, pero non da...
Martes, 29 Setembro 2026

Campaña de revisións médicas 2026-2027 en centros de ensino

Prazos de inscrición Persoal nomeado antes do 25 de setembro: dende o 25 de setembro ao 31 de outubro. Persoal nomeado o 26 de setembro ou despois: dende o día 1 ao 20 do mes seguinte á súa toma de posesión. Persoal interino e substituto: dende o día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados de forma ininterrompida, contados dende o...