Novas por contido

No DOG do 04/05/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2023 pola que se convoca o curso Cumprimento do principio de DNSH na xestión de fondos europeos.

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais de Galicia, e o PAS das tres universidades do Sistema universitario de Galiza, en situación de servizo activo ou asimilada, e que desempeñen funcións relacionadas coa xestión de fondos europeos.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 12 de maio de 2023.

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Venres, 09 Outubro 2026

Ampliación do prazo de elección de destino na especialidade de limpeza e cociña

No DOG do 09/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2026 pola que se amplía o prazo para a elección de destino na agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, convocada pola Resolución do 24 de setembro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 186, do 30 de setembro). Amplían o prazo...
Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín: - E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión - Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF - Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos) - Movementos tras o concurso ou destino definitivo - Persoal non docente: chegou o momento de negociar Descargar