Novas por contido

No DOG do 14/06/2023 o Instituto Galego de Promoción Económica publica:

- RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023 pola que se nomea a Comisión de Selección que deberá cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico medio de persoal laboral fixo.

- RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023 pola que se nomea a Comisión de Selección que deberá cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo do persoal laboral fixo.

Outras novas recentes

Luns, 02 Febreiro 2026

Xuntanza do CSSL de Medio Ambiente (17/12/2025)

O 17 de decembro tivo lugar unha reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Medio Ambiente, na que se trataron diferentes cuestións relativas á seguridade e saúde laboral do persoal. Durante a xuntanza puxéronse á disposición dos membros do Comité as avaliacións de riscos da Caseta do Gardarríos de Xubia e do Distrito Ambiental XVIII (Gondomar). Así mesmo,...
Luns, 02 Febreiro 2026

Persoas das listas do Decreto 37/2006 relativas a Prevención de Incendios Forestais que deberán realizar as probas físicas e visuais

No DOG do 02/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellaría do Medio Rural, pola que se publican as persoas aspirantes que deberán realizar as probas físicas e visuais das persoas integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías e escalas e especialidades da...
Martes, 10 Febreiro 2026

Actívanse os procedementos para a xubilación de axentes forestais! 

A Seguridade Social confirma que xa se poden tramitar as xubilacións anticipadas dos axentes forestais. Após a aprobación do Real Decreto-lei 3/2026, quedan desbloqueados os procedementos e están dispoñibles os modelos e aplicacións necesarias. Após o requirimento presentado pola CIG, a Seguridade Social comunicounos que xa é posible iniciar a tramitación das solicitudes de...