Novas por contido

No DOG do 26/07/2023 publican a RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2023 pola que se constitúe o tribunal que deberá cualificar a proba de coñecemento da lingua galega de todos os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Outras novas recentes

Xoves, 09 Abril 2026

Problemática das listas das escalas sanitarias da Lei 17/1989

Na Comisión de Persoal do xoves 9 de abril dende a CIG preguntámoslle á DXEP pola problemática das listas da lei 17. Levamos máis de catro anos sen a convocatoria da comisión de seguimento desas listas. E seguen facéndose chamamentos con criterios opacos: o persoal descoñece a súa posición real nas listas, porque nas listaxes non hai indicación de quen está en activo e quen...
Venres, 17 Abril 2026

A CIG esixe a publicación inmediata da toma de posesión dos axentes ambientais

As persoas que aprobaron o proceso selectivo da escala de axentes técnicos en xestión ambiental, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (Resolución do 16 de novembro de 2023, publicada no DOG núm. 221 do martes 21 de novembro do 2023), seguen sen coñecer en que data van tomar posesión...
Mércores, 08 Abril 2026

Campaña da Renda 2025 para persoas afiliadas á CIG

Como todos os anos, durante a campaña de realización do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) desde a CIG ofertamos o servizo de realización das Declaracións da Renda a todas aquelas persoas afiliadas que teñan as cotas ao día. A campaña da renda deste ano comeza o día 8 de abril 2026 rematando o 30 de xuño 2026. Para solicitar cita podes facelo por dúas vías: 1....