Novas por contido

No DOG do 12/12/2023 publican unha CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de novembro de 2023 pola que se modifican as resolucións do 16 de novembro de 2023 polas que se convocan procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de delineantes e de axentes técnicos de xestión ambiental, grupo B, nas escalas técnicas de mantemento de servizos, análises de laboratorio e de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz, subgrupo C1, e na escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial, e escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e bibliotecas, subgrupo C2, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

Outras novas recentes

Martes, 24 Novembro 2026

Convocatoria xuntanza Medio Ambiente polo persoal Axente

A Secretaría Xeral Técnica de Medio Ambiente convocou á CIG a unha xuntanza para este mércores 25 de novembro (ás 16.30 da tarde), para abordar as condicións laborais do persoal axente ambiental. Ese día, 25N (Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller), un sindicato feminista como a CIG ten actos reivindicativos. É unha data inadecuada. Así llo...
Mércores, 25 Novembro 2026

Abuso na esixencia de documentación a persoal de novo ingreso e concurso de traslados

Algúns departamentos de persoal están a esixir documentación innecesaria ás persoas que toman posesión de posto de concurso de traslados ou ás de novo ingreso. Documentación innecesaria porque ou xa foi presentada ante quen ten a competencia de verificar o cumprimento dos requisitos, ou por conter datos que non hai razón para entregalos. O primeiro, e máis grave, é a...
Xoves, 19 Novembro 2026

O sector dos coidados e a atención ás persoas en loita!

As traballadoras do sector de coidados e atención denuncian a precariedade da súa situación laboral e dos servizos que se prestan desde a Consellería de Política Social e a Consellería de Educación. Centos de manifestantes marcharon en Santiago de Compostela o sábado 14 de novembro, reclamando a creación dun Servizo Público Galego de Atención ás Persoas que garanta servizos...