Novas por contido

No DOG do 16/01/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), e modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e a do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro e único exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 27 de xaneiro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, na aula 9 da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 27 de xaneiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas nas aulas 4, 5 e 9 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023 do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 27 de xaneiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, nas aulas 6 e 7 da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de traballo social, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 27 de xaneiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos e na aula 1 da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de terapia ocupacional, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 27 de xaneiro, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 1 da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e a do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 27 de xaneiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, nas aulas 4 e 5 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso‑oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais, subgrupo AP, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 27 de xaneiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 6 e 7 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 27 de xaneiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

Outras novas recentes

Luns, 20 Outubro 2025

Concursos de traslados de veterinarios/as e escalas sociais: relación provisional admitidos/as e excluidos/as

Recibimos comunicación da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal na que nos informan de que o mércores 22 de outubro publicarán no Diario Oficial de Galiza as seguintes resolucións: Resolución do 15 de outubro de 2025 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso de traslados F0325, escala de veterinarios....
Luns, 20 Outubro 2025

Proposta de modificación da RPT do Instituto Galego de Vivenda e Solo (MSF 17/10/25)

O pasado venres día 17 de outubro á Mesa Sectorial trouxeron a proposta de modificación da relación de postos de traballo (RPT) do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) Contido da proposta: Creacións de 24 postos de traballo: 1 posto de director/a, 5 postos de xefatura de servizo, 1 posto de xefatura de oficina técnica ,5 postos de xefatura de sección, 5 postos de...
Luns, 20 Outubro 2025

Monte queimado e axentes baixo mínimos: a Xunta abandona o control da caza

No ano de maior devastación polos incendios, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non activa as gardas de reforzo e deixa reducida ao 25 % a operatividade do cadro de axentes ambientais A tempada de caza comeza este domingo 19 de outubro nun contexto especialmente delicado para o medio natural galego. Despois dun verán no que arderon milleiros de hectáreas,...