Novas por contido

No DOG do 26/03/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de laboratorio, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións de 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais, subgrupo AP, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican os resultados do primeiro exercicio.

Outras novas recentes

Sábado, 04 Xullo 2026

Modificación de RPT de Gain (xuntanza do 03/07/2026)

Fomos convocadas á negociación dunha modificación da RPT con cambios debidos á redistribución de competencias entre Educación e Industria, co paso da Axencia Galega de Innovación (Gain) a Educación. Opoñémonos ás modificacións das xefaturas de negociado, e solicitamos a revisión das áreas funcionais.  A respecto da proposta de modificación de RPT que trae á mesa de...
Sábado, 04 Xullo 2026

Carreira profesional e concursos F0425, F0326 e F0525 (CP 03/07/2026)

Na rolda de intervencións da Comisión de Persoal do venres 3 de xullo preguntamos polas solicitudes da carreira pendentes de resolución, así como pola concreción de datas das distintas fases dos concursos F0425, F0326 e F0525.  Resolucións pendentes da carreira profesional  Preguntamos pola situación na que está a tramitación das solicitudes, dado que nos consta que a día...
Xoves, 02 Xullo 2026

A CIG exixe a Gain que identifique e publique os postos antes da elección de destino da estabilización

A solicitude da identificación dos postos presentada pola CIG o 3 xullo de 2025 non recibiu resposta da Dirección da Gain até a data, incumprindo a lexislación vixente. A CIG vén de reiterar a súa reclamación ante a Axencia Galega de Innovación (Gain) para que publique e identifique os postos de traballo que serán ofertados no acto de elección de destino do proceso...