Novas por contido

No DOG do 19/04/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 216, do 11 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 216, do 11 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 216, do 11 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 216, do 11 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Elevan a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba tipo test, feitas públicas pola Resolución do 6 de marzo de 2024 (DOG núm. 54, do 15 de marzo).

Fan pública, de conformidade co disposto na base II.4, a baremación provisional do concurso de méritos no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal, ao cal se poderá acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...