Novas por contido

No DOG do 11/07/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2024 pola que se convocan os cursos do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galiza para o ano 2024.

Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal funcionario e laboral das oficinas de emprego, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, así como o persoal da área de emprego das direccións territoriais da Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e rematará o día 22 de xullo de 2024.

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convoctoria de promoción interna ao corpo superior-A1 Convocatoria de promoción...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...