Novas por contido

No DOG do 17/01/2025 o INSTITUTO TECNOLÓXICO PARA O CONTROL DO MEDIO MARIÑO DE GALIZA publica o ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2025 polo que se fai pública a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura definitiva de dous postos de titulado/a superior en Química existentes no cadro de persoal laboral, pola quenda de acceso libre.

As bases estarán expostas na páxina web do Intecmar (http://www.intecmar.gal/transparencia/convocatorias/default.aspx). O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade. A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente: As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo...
Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...
Martes, 13 Outubro 2026

Fondo de Acción Social de 2025: listaxe definitiva de persoas admitidas

No DOG do 13/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....