Novas por contido

No DOG do 04/02/2025 publican a Resolución do 28 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se publican as persoas aspirantes que deberán realizar as probas físicas e visuais dos integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías do servizo de prevención contra incendios forestais.

Publican a relación de aspirantes que deberán realizar as probas físicas Field Test ou visuais nas categorías do servizo de prevención contra incendios forestais seguintes: – Técnico/a superior de defensa contra incendios forestais (grupo I - categorías 38). – Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais, (grupo II - categoría 039). – Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, (grupo III - categoría 100). – Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba, (grupo IV - categoría 033) – Bombeiro/a forestal condutor (grupo V - categoría 14A). – Bombeiro/a forestal (grupo V - categoría 14) – Vixilante fixo/a (grupo V - categoría 10B).

As relacións de aspirantes convocados a presentar o certificado médico ou informe sobre o estado de saúde, e do persoal admitido para a realización das probas visuais, relaciónanse no seguinte enderezo electrónico: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/areas-tematicas/ prevencion-incendios

As persoas aspirantes que vaian realizar Field Test deberán remitir no prazo de 5 días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución un certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de publicación desta resolución. Non se terán en conta certificados médicos que non recollan o sinalado anteriormente. O certificado dirixirase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, onde está dispoñible o formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A.

Están exentos da realización da proba física ou visual e, polo tanto, da presentación do certificado médico ou informe sobre o estado de saúde, aqueles integrantes das listas que resulte acreditado que superaron certas probas convocadas polas resolucións que se indican no DOG.

Unha vez que se revisen os certificados médicos referidos no punto segundo, convocarase a realización das correspondentes probas físicas, mediante resolución do secretario xeral técnico que se publicará no Diario Oficial de Galiza.

Outras novas recentes

Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...