Novas por contido

No DOG do 25/02/2025 publican a RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2025 pola que se modifica a Resolución do 15 de decembro de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, por parte do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Consonte o recollido no anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, o persoal da categoría 4 do grupo IV (auxiliar de fogar...) e da categoría 99 do grupo III (coidador/a a extinguir) que dispoña da titulación necesaria para o acceso á escala de auxiliares de clínica poderá optar pola súa funcionarización na escala de auxiliares de clínica ou na escala auxiliar de coidadores do subgrupo C2. O dito persoal que opte pola súa funcionarización na escala de auxiliares de clínica deberá presentar unha solicitude dirixida á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, a través do modelo normalizado PR004A dispoñible na sede electrónica, en que indique no campo “Solicita” que a súa elección para a funcionarización é a escala de auxiliares de clínica . No caso de non presentar o devandito escrito, entenderase que opta pola funcionarización na escala auxiliar de coidadores».

Establécese un novo prazo de quince (15) días hábiles para que as persoas aspirantes da categoría 99 do grupo III (coidador/a a extinguir) e da categoría 4 do grupo IV (auxiliar de fogar...) que figuran na listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas feita pública pola Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 25 de marzo de 2024 (DOG número 63, do 1 de abril), poidan facer efectiva a súa solicitude. Este prazo comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...