Novas por contido

No DOG do 22/04/2025 publican a RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2025, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 243, do 26 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

Terá lugar o día 24 de maio de 2025, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas, nas aulas 2, 6, 8, 9, 10 e 11.

Outras novas recentes

Venres, 28 Novembro 2025

Carreira extraordinaria ou maratón ordinario? Últimas novidades

A carreira extraordinaria que se iniciou no 2019, e que nos venderon que era para que a xente que tiña xa certa antigüidade non tivera que comezar de cero a través da ordinaria, parece máis ben un maratón. Imos facer 7 anos coa carreira e a día de hoxe aínda estamos cobrando só o grao II. Si o obxectivo da carreira extraordinaria era colocarnos a cada un no grao de carreira...
Venres, 05 Decembro 2025

Bloqueo da toma de posesión do concurso de traslados de axentes ambientais tras dous anos de atraso

A Administración deixa sen data a incorporación e supedita o concurso a unha oposición de acceso libre aínda sen rematar. A Xunta vén de publicar no DOG a Resolución do 3 de decembro de 2025 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de axentes facultativos ambientais e axentes forestais. Este concurso que foi...
Martes, 02 Decembro 2025

O mércores 3 de decembro abre o prazo para solicitar a carreira extraordinaria de 2025

👥 QUEN A PODE SOLICITAR? Persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas do persoal funcionario sanitario da Lei 17/89 e doutras Administracións que preste servizos nesta, e dos entes da LOFAXGA 45 a) O persoal laboral que asine o compromiso de participar e superar o proceso de funcionarización Sempre que NON obtivese ningún grao na...