Novas por contido

No DOG do 19/06/2025 publican a RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2025, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 243, do 26 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Feita a corrección en sesión do 11 de xuño de 2025, publican as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba tipo test do proceso selectivo que se cita, no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal ás cales se pode acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion/convocatorias

Outras novas recentes

Venres, 05 Decembro 2025

A inspección de traballo actúa de novo no CIAM

A CIG interpuxo demanda ante a inacción da dirección do CIAM en PRLA Inspección de Traballo confirma que na unidade de lactación do CIAM existía desde 2019 – 2021 unha avaliación de riscos que xa identificaba o mal estado dunhas cubertas de fibrocemento e propoñía a súa reparación. A pesar diso, non se actuou durante anos, deixando ao persoal traballador exposto a diario a...
Venres, 05 Decembro 2025

A CIG alerta de que a falta de protocolos en Medio Ambiente pon a Galiza en risco real ante a peste porcina africana

A CIG-Autonómica denuncia ante a presidenta do Comité de Seguridade e Saúde Laboral que a Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático carece de protocolos claros, formación actualizada e medidas de bioseguridade para a manipulación, traslado e almacenamento de fauna salvaxe morta, pese ao risco real de transmisión de enfermidades como a peste porcina africana (PPA) ou...
Venres, 28 Novembro 2025

Oferta de emprego 2025 insuficiente, e case sen promoción interna

A Oferta de Emprego Público (OEP) do 2025 quedou aprobada co voto en contra de CIG e CSIF, e abstención de CCOO e UGT. É unha OEP que non resolve as necesidades de relevo do persoal, nin aborda o dereito de promoción interna. A oferta consta de 765 prazas de acceso libre e de 300 de promoción interna separada, xunto con 38 para entes instrumentais. Falta a oferta de persoal...