Novas por contido

No DOG do 08/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se publica a relación de aspirantes que deberán realizar as probas físicas exixidas aos integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para determinadas escalas e especialidades do Servizo de Prevención de Incendios Forestais da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza.

As persoas aspirantes que vaian realizar o Field test deberán remitir no prazo de cico (5) días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución un certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio, en que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de tres (3) meses respecto da data de publicación desta resolución. Non se terán en conta certificados médicos que non recollan o sinalado anteriormente.

A relación de persoas publicarase no seguinte enderezo electrónico: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/areas-tematicas/prevencion-incendios

 

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...