Novas por contido

No DOG de hoxe, 27/08/2025, publícase a RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidades de patrón e mecánico.

As listaxes poderán consultarse aquí.

Prazo para reclamar ou emendar exclusión: dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Outras novas recentes

Venres, 27 Novembro 2026

Xuntanza axentes ambientais: presentación, boas palabras e ningún traballo feito nin compromiso

Este mércores 25 de novembro fomos convocados a unha xuntanza coa Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático co fin de abordar as condicións de traballo do persoal axente ambiental. Tamén apareceu por sorpresa, xa que non se informou na convocatoria, unha subdirectora xeral da Consellaría de Economía e Industria. O resumo desta xuntanza é sinxelo, aínda que non...
Mércores, 18 Novembro 2026

RPT do Mar (centros de ensino) (26/11/26)

A Secretaría Xeral do Mar convocounos a unha xuntanza para o xoves 26 de novembro, para tratar unha proposta de modificación da súa Relación de Postos de Traballo. A proposta afecta ás escolas oficiais nautico-pesqueira de Ferrol e Ribeira, ao instituto en acuicultura da Illa de Arousa e ao instituto marítimo-pesqueiro do Atlántico de Vigo. En todos eles crean postos de...
Venres, 27 Novembro 2026

Nomeamento como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de PSX e xerocultura

No DOG do 27/11/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de persoal de servizos xerais, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos...