Novas por contido

No DOG do 12/09/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2025, do tribunal cualificador do proceso selectivo, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX), convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 16 de setembro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2025, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil, convocado pola Resolución do 22 xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio eliminatorio e obrigatorio da proba de oposición.

Terá lugar o 17 de setembro de 2025, ás 15.30 horas, nas aulas 2 e 9 da Escola Galega de Administración Pública, sitas en Santiago de Compostela na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

Outras novas recentes

Mércores, 25 Novembro 2026

Abuso na esixencia de documentación a persoal de novo ingreso e concurso de traslados

Algúns departamentos de persoal están a esixir documentación innecesaria ás persoas que toman posesión de posto de concurso de traslados ou ás de novo ingreso. Documentación innecesaria porque ou xa foi presentada ante quen ten a competencia de verificar o cumprimento dos requisitos, ou por conter datos que non hai razón para entregalos. O primeiro, e máis grave, é a...
Martes, 24 Novembro 2026

Convocatoria xuntanza Medio Ambiente polo persoal Axente

A Secretaría Xeral Técnica de Medio Ambiente convocou á CIG a unha xuntanza para este mércores 25 de novembro (ás 16.30 da tarde), para abordar as condicións laborais do persoal axente ambiental. Ese día, 25N (Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller), un sindicato feminista como a CIG ten actos reivindicativos. É unha data inadecuada. Así llo...
Martes, 24 Novembro 2026

Convocatorias de concursos-oposicións de promoción interna aos subgrupos A1, A2 e C2

No DOG do 24/11/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo A1. - RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna,...