Novas por contido

No DOG do 15/09/2025 publican a RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2025, do tribunal designado para cualificar a proba de coñecemento da lingua galega de procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Convocan para a realización da proba de coñecemento da lingua galega as persoas aspirantes que figuran no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal correspondentes aos seguintes procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, porque de acordo co establecido nas bases das convocatorias publicadas por resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificadas por resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febrero), non acreditaron estar en posesión do Celga 4 (procesos do subgrupo A2 e grupo II) ou do Celga 3 (procesos do subgrupo C2 e grupo IV) ou equivalentes debidamente homologados polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galiza.

Este exercicio terá lugar na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas), en Santiago de Compostela, o día 23 de setembro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...