Novas por contido

No DOG do 19/09/2025 publican a RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza, especialidades de patrón e mecánico, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 23 de maio).

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe definitiva completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Outras novas recentes

Xoves, 19 Novembro 2026

O sector dos coidados e a atención ás persoas en loita!

As traballadoras do sector de coidados e atención denuncian a precariedade da súa situación laboral e dos servizos que se prestan desde a Consellería de Política Social e a Consellería de Educación. Centos de manifestantes marcharon en Santiago de Compostela o sábado 14 de novembro, reclamando a creación dun Servizo Público Galego de Atención ás Persoas que garanta servizos...
Martes, 24 Novembro 2026

Persoal de incendios clama nas rúas de Santiago por melloras laborais e organizativas

fcFn-kcRJ6M?is CIG convocou unha manifestación que percorreu as rúas de Compostela, para visibilizar as reivindicacións do persoal do servizo de incendios (SPIF), por unhas condicións laborais dignas e melloras salariais e organizativas que permitan adaptar o servizo á realidade actual, tanto de carestía da vida como da nova tipoloxía de lumes. A manifestación nacional,...
Martes, 24 Novembro 2026

25N Abonda de violencia institucional contra as mulleres!

Este 25N saimos ás rúas para denunciar a violencia física, psíquica e institucional que se exerce sobre as mulleres nas/polas administracións públicas. A precariedade e tamén unha forma de violencia sobre sectores feminizados dentro do emprego público, que impide ás mulleres ter unha vida libre e independente. Por iso, agora máis que nunca, A Loita Continúa soMOnMwm84c?si