Novas por contido

No DOG do 23/09/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 48, do 11 de marzo), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial e no corpo administrativo da Administración xeral da comunidade autónoma, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 48, do 11 de marzo), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo auxiliar da Administración xeral e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 48, do 11 de marzo), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Fan pública, como anexos destas resolucións, a baremación definitiva da fase de concurso, de conformidade co establecido na base II.4 da convocatoria.

Outras novas recentes

Martes, 13 Outubro 2026

Fondo de Acción Social de 2025: listaxe definitiva de persoas admitidas

No DOG do 13/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....
Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...