Novas por contido

No DOG do 10/10/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos de cultivo acuícola, convocado pola Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 123, do 30 de xuño).

- RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de servizos ao buque, convocado pola Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 123, do 30 de xuño).

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe definitiva completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...
Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade. A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente: As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo...
Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín: - E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión - Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF - Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos) - Movementos tras o concurso ou destino definitivo - Persoal non docente: chegou o momento de negociar Descargar