Novas por contido

No DOG do 26/11/2025 publican:

- ORDE do 17 de novembro de 2025 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocados polas resolucións do 15 de decembro de 2023.

As persoas que tomarán posesión como persoal funcionario de carreira, ao abeiro do establecido nesta orde, serán as que proveñen das categorías de persoal laboral que se relacionan:

* Corpo superior da Administración xeral, subgrupo A1. Categoría 4 (titulado/a superior) do grupo I.

* Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2. Categoría 4 (auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado) do grupo IV e categoría 99 (coidador/a a extinguir) do grupo III.

* Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2. Categoría 99 (coidador/a a extinguir) do grupo III.

- ORDE do 24 de novembro de 2025 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos selectivos para o ingreso pola modalidade específica de promoción laboral fixo, convocados polas resolucións do 24 de febreiro de 2024.

As persoas que tomarán posesión como persoal funcionario de carreira, ao abeiro do establecido nesta orde, serán as que proveñen das categorías de persoal laboral que se relacionan:

* Corpo facultativo de grao medio de Administración especial, escala de técnicos facultativos, especialidade educador infantil, subgrupo A2. Categoría 40 (mestre/a especialista en educación infantil) do grupo II.

* Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil, grupo B. Categoría 50 (técnico/a especialista en xardín de infancia; técnicos/as superiores en educación infantil) do grupo III.

* Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, escala de xerocultor/a, subgrupo C2. Categoría 43 (xerocultor/a) do grupo IV.

* Corpo auxiliar de Administración xeral, escala de persoal de servizos xerais (PSX), subgrupo C2. Categoría 44 (PSX) do grupo IV.

A partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galiza, o persoal laboral fixo incluído no anexo II deberá a asinar un acordo de extinción do contrato de traballo. Os efectos administrativos da sinatura deste acordo de extinción serán do 30 de novembro de 2025.

A extinción estará condicionada á efectiva toma de posesión como persoal funcionario de carreira. 

A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio de vínculo xurídico coa Administración, será o 1 de decembro de 2025.

Outras novas recentes

Domingo, 04 Outubro 2026

Os sectores de atención social e coidados únense para rematar coa precariedade de persoal e persoas usuarias

Lanzan unha campaña de mobilización para reclamar, ademais, a xestión directa dos servizos a través dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas eowpzSxtLVM Traballadores e traballadoras do sector de coidados -público e privado- veñen de unificar as súas loitas para denunciar a precariedade que padecen e as consecuencias que isto ten para as persoas...
Xoves, 01 Outubro 2026

A Xunta fabrica comisións de servizo: (con) concursos a contagotas e postos a dedo

Nestes días vanse dar máis postos en comisión de servizos que no concurso de traslados de corpos xerais. Remata un concurso de traslados de corpos xerais e volven dispararse as comisións de servizo. Nada novo baixo o sol da Administración da Xunta: dende o 16 de setembro de 2026 (día seguinte ao da resolución do concurso) xa se concederon 292 postos en comisión de servizo....
Mércores, 30 Setembro 2026

A CIG reclama unha comisión paritaria e negociación real antes da aprobación do plan anual de formación 2027 da EGAP

A CIG vén de instar á Dirección Xeral de Emprego Público a constituír e convocar a Comisión Paritaria de Formación para o Sector da Autonómica e a garantir a negociación efectiva da formación antes de que o plan anual 2027 sexa aprobado polo Consello Reitor da EGAP; así como antes da aprobación dos restantes plans específicos de formación do sector. A formación non pode...