Novas por contido

No DOG do 19/01/2026 publican:

- RESOLUCION do 16 de xaneiro de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, escala técnica do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro) e se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, escala técnica do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, convocado pola Resolución do 25 de agosto de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 170, do 3 de setembro), pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro) e pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 243, do 26 de decembro).

- RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2026 pola que adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico, subgrupo C2, escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade emisorista/ vixilante fixo/a, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galiza número 44, do 4 de marzo), pola Resolución do 25 de agosto de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 170, do 3 de setembro) e pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 243, do 26 de decembro).

- RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo de auxiliares de carácter técnico, subgrupo C2, escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro/a forestal, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico, subgrupo C2, escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro/a forestal, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galiza número 44, do 4 de marzo), pola Resolución do 25 de agosto de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 170, do 3 de setembro), polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 243, do 26 de decembro).

- RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2026 pola que se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico, subgrupo C2, escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade de condutor motobomba, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galiza número 44, do 4 de marzo) e pola Resolución do 25 de agosto de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 170, do 3 de setembro).

De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día 19 de xaneiro de 2026.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...