Novas por contido

No DOG do 27/01/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2026 pola que se modifica a Resolución do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de cociña.

- RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2026 pola que se modifica a Resolución do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza subgrupo C2, escala auxiliar de cociña.

Elimínase un tema da parte específica do programa que rexerá a convocatoria de probas selectivas.

Outras novas recentes

Venres, 27 Novembro 2026

Xuntanza axentes ambientais: presentación, boas palabras e ningún traballo feito nin compromiso

Este mércores 25 de novembro fomos convocados a unha xuntanza coa Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático co fin de abordar as condicións de traballo do persoal axente ambiental. Tamén apareceu por sorpresa, xa que non se informou na convocatoria, unha subdirectora xeral da Consellaría de Economía e Industria. O resumo desta xuntanza é sinxelo, aínda que non...
Martes, 24 Novembro 2026

Convocatoria xuntanza Medio Ambiente polo persoal Axente

A Secretaría Xeral Técnica de Medio Ambiente convocou á CIG a unha xuntanza para este mércores 25 de novembro (ás 16.30 da tarde), para abordar as condicións laborais do persoal axente ambiental. Ese día, 25N (Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller), un sindicato feminista como a CIG ten actos reivindicativos. É unha data inadecuada. Así llo...
Venres, 27 Novembro 2026

Nomeamento como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de PSX e xerocultura

No DOG do 27/11/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de persoal de servizos xerais, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos...