Novas por contido

No DOG do 23/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza, especialidade de patrón e mecánico, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio.

Terá lugar o día 27 de marzo de 2026, na Academia Galega de Seguridade Pública-Agasp, sita na rúa da Cultura, s/n, 36380 A Estrada (Pontevedra). As tres probas de aptitude física das que consta o exercicio son:

Primeira proba (subida escala de vento): terá lugar no polideportivo da Academia Galega de Seguridade Pública, en chamamento único que se iniciará ás 9.30 horas.

Segunda proba (carreira de 1.000 metros): terá lugar nas pistas de atletismo do Concello da Estrada, situadas na Academia Galega de Seguridade Pública, en chamamento único que terá lugar ás 11.00 horas.

Terceira proba (natación): terá lugar na piscina da Academia Galega de Seguridade Pública, en chamamento único que terá lugar ás 14.00 horas.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...