Novas por contido

No DOG do 05/05/2026 a SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTOS DE GALIZA, S.A. (SPI GALIZA, S.A.) publica o ANUNCIO polo que se lle dá publicidade á convocatoria para a contratación de persoal laboral fixo para a cobertura dunha praza de arquitecto/a, unha praza de arquitecto/a técnico/a e unha praza de enxeñeiro/a industrial.

As bases polas cales se rexerá o proceso de selección están publicadas na páxina web: https://www.spigalicia.es/

O prazo de presentación das solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza.

Outras novas recentes

Mércores, 09 Setembro 2026

Modificación RPT; datas actos de elección destinos; SPIF; oficinas emprego; finanzas (CP 09/09/26)

Á Comisión de Persoal do mércores 9 de setembro, foi como único punto da orde do día a proposta de modificación de varios postos na Relación de Postos de Traballo (RPT) das consellerías de Emprego, Comercio e Emigración, e de Presidencia, Xustiza e Deportes, a causa da execución de sentenzas de persoas que reclamaron destino definitivo no posto que ocupaban en provisional....
Mércores, 02 Setembro 2026

Carné de conducir + Persoal auxliar coidador

Chegounos información nestes días, de que persoal auxiliar coidador estaba a recibir un correo electrónico do Servizo de Selección de Persoal (Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal), no que se lle informaba de que "para os efectos de acreditar estar en posesión do carné de conducir tipo B que se precisa para desenvolver determinados postos da escala...
Luns, 07 Setembro 2026

Mesa sectorial de funcionarios/as (04/09/2026): modificación RPT, datas actos de elección pendentes, PI23, escolas infantís, PND

Na MSF trouxeron a proposta da modificación da RPT Administración Xeral da Comunidade Autónoma na Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e na Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes na que se amortizan dous postos para crear outros dous. Dende a CIG non estamos de acordo coas amortizacións pero o que ademais lle fixemos saber á DXEP é que estas presas débense...