Novas por contido

No DOG do 05/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2026 pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspección turística e corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades de vixilancia de estradas, mobilidade e dominio público hidráulico.

Presentación de solicitudes (de participación e de elección de postos):

1. Participantes da Xunta de Galiza en servizo activo na súa escala de participación, accedendo ao Portal do empregado no enderezo electrónico https://portax.xunta.es

2. Participantes en calquera situación distinta da referida no punto anterior, a través do portal da web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no enderezo electrónico https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados

A solicitude e, de ser o caso, a documentación adicional, deberá presentarse electronicamente a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e ata o día 19 de xuño de 2026 incluído, e dirixirse á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Consellaría de Facenda e Administración Pública.

Outras novas recentes

Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...