Novas por contido

No DOG do 12/06/2026 o CONSELLO DE CONTAS DE GALIZA publica a RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Pleno, do 4 de xuño de 2026, polo que se aproba a convocatoria do procedemento para a implantación do réxime transitorio e extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa aos graos I, II e III ao persoal funcionario que presta os seus servizos nesta institución.

O procedemento para o acceso aos graos I, II e III, a través do réxime transitorio e extraordinario de carreira administrativa no Consello de Contas, iniciarase mediante a solicitude presentada pola empregada ou empregado, ante o conselleiro maior, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde a entrada en vigor deste acordo, segundo o modelo normalizado do anexo I, que se poñerá á disposición na sede electrónica da institución. 

Outras novas recentes

Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite. Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría.  Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un...
Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...