Novas por contido

No DOG do 20/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2026 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, corpo facultativo de grao medio, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil; corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala de axentes técnicos/as facultativos/as, especialidade de educación infantil; corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de coidadores, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

Adxudican e fan públicas as adxudicacións dos postos de traballo ás persoas que se relacionan no anexo. Esta información está ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe <concurso de traslados>.

Difiren os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata que se publique no Diario Oficial de Galiza a resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...