Novas por contido

No DOG do 15/09/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado mediante a Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 19 de setembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galiza Abanca en Silleda.

- RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2026, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, pola que fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 19 de setembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galiza Abanca en Silleda.

- RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 20 de setembro de 2026, ás 9.00 horas, en chamamento único, nos pavillóns 1 e 2 da Feira Internacional de Galiza Abanca, sito na avenida do Recinto Feiral, s/n, 36540 Silleda (Pontevedra).

- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 20 de setembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nos pavillóns 1 e 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda (Pontevedra).

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...