Novas por contido

No DOG do 02/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal subalterno, convocado mediante a Resolución de 24 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 233, do 2 de decembro), pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galiza desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Outras novas recentes

Venres, 09 Outubro 2026

Ampliación do prazo de elección de destino na especialidade de limpeza e cociña

No DOG do 09/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2026 pola que se amplía o prazo para a elección de destino na agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, convocada pola Resolución do 24 de setembro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 186, do 30 de setembro). Amplían o prazo...
Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...